Xa hai varias semanas que os nenos e nenas de 5º nos falaron do odio e tamén da ira. Faláronnos dun pintor alemán que viviu nunha época de guerra e por iso os seus cadros amosaban estas dúas emocións trátase de BERNHARD HEISIG. Explicamos situacións nas que sentimos ODIO e IRA e as mestras lembráronnos a importancia que ten non sentir estas emocións durante moito tempo. Vimos o conto do pulpo anoxado que nos pode servir para evitar que estas emocións ocupen a nosa cabeciña por máis tempo do que deben.
Como sempre disfrutamos destes pequenos anaquiños compartindo emocións e como non, aprendendo a respetar e a falar por turnos sen berrar e sen rirnos das intervencións dos demais.
PINTOR DO ODIO
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.